O Lombo da Antiga é un outeiro veciño de O Castrillón, e como el pertencente á Rede Natura 2000 ZEC Macizo Central.

Vistas ao outeiro de O Castrillón dende o Lombo da Antiga
O outeiro de O Castrillón, visto dende o Lombo da Antiga, álzase entre os cañóns dos ríos Xares e Bibei

Valores naturais do Lombo da Antiga

A contorna do Lombo da Antiga, como o concello de Larouco e toda a comarca de Valdeorras, ten un clima mediterráneo que permite o desenvolvemento de especies típicas destas áreas. Como en toda a zona, as especies vexetais presentes no Lombo da Antiga son propiamente mediterráneas. Así, pódese atopar érbedos (Arbutus unedo), xaras (Cistus ladanifer) e sobreiras (Quercus suber). É moi significativa a ausencia de aciñeiras (Quercus ilex) neste lugar, debido quizais a razóns edafolóxicas. Atopamos tamén romeu (Rosmarinus officinalis), tomiño (Thymus vulgaris) e outros vexetais adaptados aos rigores do clima mediterráneo predominante en Larouco.

Érbedo (Arbutus unedo)
Xara (Cistus ladanifer)
Sobreira (Quercus suber)

En canto á fauna do Lombo da Antiga, podemos atopar réptiles como lagarta colirrubia (Acanthodactylus erythrurus), insectos como araña touro (Macrothele calpeiana) ou carricanta (familia Cicadidae), mamíferos como raposo (Vulpes vulpes) ou xabarín (Sus scrofa) e aves como abellaruco (Merops apiaster), ferreiriño real (Parus major), ferreiriño dos piñeiros (Periparus ater), miñato (Buteo buteo) e ata aguia real (Aquila chrysaetos).

Carricanta (familia Cicadidae)
Ferreiriño dos piñeiros (Periparus ater)
Abellaruco (Merops apiaster)

Miradoiro do Lombo da Antiga

Mapa do percorrido ata o miradoiro do Lombo da Antiga Para chegar ata o Lombo da Antiga podes descargar este track.

  • Distancia: 1 km (ida).

  • Xunta de Galicia
  • Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación
  • Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural
  • Rede Natura 2000
  • Concello de Larouco
    • Xeitura, Xestión Integral do Patrimonio S.Coop.Gal.